Se o Breogán xoga a final da previa da BCL esta proxectarase no videomarcador do Pazo o domingo

LugoXa
O vicepresidente Efrén Castro: "aproveitando as posibilidades audiovisuais do videomarcafor, ofrecemos un espazo para vivir colectivamente unha cita histórica"
estrea-videomarcador-pazo
18 Sep 2026

Se o CB Breogán se clasifica para a final da Fase Previa da BCL, a afección poderá ver o partido, previsto para o domingo, nas pantallas do videomarcador do Pazo dos Deportes, tal e como comunicou a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Tras a vitoria de onte nos cuartos de final - 84-105 ante o Manchester- e ante a posibilidade de que os lucenses se clasifiquen o sábado para a final, a Vicepresidencia da Deputación está a organizar, xunto ao club celeste, a proxección deste partido histórico na pista central do Pazo, a partir do sinal da TVG.

O vicepresidente Efrén Castro explicou que "aproveitando as posibilidades audiovisuais do videomarcafor, ofrecemos un espazo para que a afección breoganista poida vivir colectivamente unha cita histórica para o club e para o baloncesto galego".

A final do vindeiro domingo é a porta á Basketball Champions League.

0.16681599617004