Seguen as actividades socioculturais no Vicedo
Estamos nunha das semanas clave do verán e haberá varias actividades socioculturais no Concello do Vicedo.
En primeiro lugar o mércores 12 ás 10 horas haberá unha ruta mixta de sendeirismo e kayaks, comezando a ruta de sendeirismo en Ponte Ulló e
percorrendo unha distancia duns 10 km ata Ribeiras do Sor, onde comeza a ruta en kayaks ata o porto do Vicedo.
O prezo desta actividade é de 17 euros por persoa pero se se fai só sendeirismo a ruta é gratuita.
O xoves 13 ás 21 horas terá lugar a entrega de premios do Concurso de Fotografía Turismo O Vicedo, onde se abrirá un coloquio cos propios
fotógrafos en torno ás fotografías presentados.
Por último, o sábado 15 ás 10 horas unha ruta de kayaks, con subida do Río Sor, saíndo do Porto do Vicedo e chegando ao entorno de Ribeiras do Sor e terá un prezo de 17 euros por persoa.
A inscrición para calquer actividade é obrigatorias podendo facerse no teléfono 982 59 01 95. Respectaranse as medidas sanitarias de prevención fronte ao COVID-19, por tanto, hai limitación de aforo a 20 persoas para as rutas e de 60 persoas para a proxección fotográfica.