Seguen sen solucións trala reunión da mesa multilateral de Alcoa

TerraChaXa | LugoXa
O Ministerio de Industria convocou unha reunión da mesa multilateral para este martes ás 17.
6 Out 2020

O Ministerio de Industria convocou unha reunión da mesa multilateral para este martes ás 17.30 por videoconferencia na que asistiron o secretario xeral de Industria e Peme, Raúl Blanco, o vicepresidente da Xunta de Galicia, Francisco Conde, e representantes sindicais da factoría.

Blanco explicou aos asistentes que o Ministerio de Industria e a Xunta de Galicia van extremar a vixilancia sobre Alcoa e esixiranlle que xustifique o cumprimento da lexislación laboral e ambiental. No caso de que existan evidencias dalgún tipo de incumprimento, pediráselle que devolva todas as axudas públicas recibidas. Na reunión Blanco manifestou que os próximos días serán decisivos e é importante manter a unidade de acción para conseguir o mellor desenlace.

Trala reunión o comité de traballadores comunicou que "na reunión non sacaron solución ao problema pero si unha reunión para o marte o mércores da semana vindeira", comunicou Jose Antonio Zan, presidente do comité. "Tamén pedimos aos gobernos que acelere os trámites para a intervención da factoría cervense. Tamén necesitamos máis concreción de calendarios e pedimos que sigan empurrando e non se dobreguen fronte á multinacional".

Ademais, rematou dicindo que "hai que seguir loitando por unha solución", mentras tanto os traballadores seguirá en folga nas portas da fábrica evitando a entrada e saída de camións e materiais.

REQUERIMENTO POR PARTE DO MINISTERIO

A ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, explicou hoxe, durante a sesión de control do Senado, que “o Goberno segue comprometido co futuro da factoría de Alcoa na Mariña e estamos a analizar nestes momentos todos os instrumentos dispoñibles dentro do ordenamento xurídico e do marco da Comisión Europea para garantir un futuro industrial”. E engadiu que, a pesar da negativa de Alcoa de vender a súa factoría en Lugo, o interese de Liberty House por investir na planta continúa e o seu proxecto garante o futuro da planta.

A ministra lembrou que onte mesmo enviouse un requirimento a Alcoa para fiscalizar as axudas por CO2 correspondentes a 2019 e verificar que se cumpren cumpre os requisitos necesarios para recibir estas axudas.

 

0.15159583091736