Sergi Quintela abandona o Breogán: "É un día triste para o breoganismo"

LugoXa
Un dos capitáns e emblemas do Breogán, Sergi Quintela, comunicou a súa decisión de resolver o contrato en vigor
sergi_quintela
sergi_quintela
10 Xul 2024

Un dos capitáns e emblemas do Breogán, Sergi Quintela, comunicou a súa decisión de resolver o contrato en vigor co club, executando así a cláusula de saída contida no mesmo. “É un día triste para o breoganismo”, aseguran dende a entidade. Aínda así, “e facendo todo o posible para seguir contando con Sergi durante moitos máis anos, temos que acatar as decisións persoais do xogador".

Como non podía ser doutra maneira, "debemos manifestar o noso máximo agradecemento por todo o que fixo pola nosa entidade, desexándolle todo o mellor nos seus novos retos profesionais e, ao mesmo tempo, soñar co día en que podamos volver contar con el no Club”. Dende o Breogán recórdanlle que o club seguirá sendo a súa casa.

0.18911695480347