Silva celebrará as súas festas na honra a Santiago Apóstolo cun amplo programa musical a fin de semana

A parroquia de Silva, no concello de Pol, festexará os días 24 e 25 de xullo as tradicionais festas na honra a Santiago Apóstolo cun programa que combinará actos relixiosos e numerosas actuacións musicais para todos os públicos.
A celebración arrancará o venres cunha misa ás 13.30 horas, seguida dunha sesión vermú amenizada pola orquestra Pasito Show. Pola noite, a verbena contará tamén coa actuación desta formación asturiana e coa presenza da artista Mercedes Ben Salahi, que será unha das atraccións destacadas da xornada.
O sábado 25 de xullo, coincidindo co Día de Santiago, os festexos continuarán cunha misa solemne ás 13.30 horas e unha sesión vermú a cargo do grupo Mar da Vila. Xa pola noite, a música volverá ser protagonista cunha gran verbena protagonizada por Mar da Vila e pola cantante Ruth Cundins, que completará o cartel artístico desta edición.