Silvarrei prepárase para celebrar as tradicionais festas de San Xoán

A parroquia de Silvarrei, no concello de Outeiro de Rei, celebrará do 20 ao 24 de xuño as súas tradicionais festas na honra a San Xoán, cun completo programa de actividades relixiosas e lúdicas para todas as idades.
As celebracións comezarán o sábado 20 de xuño, ás 13:30 coa misa e posterior procesión. Terá lugar o vermú coa orquestra Pontevedra, que tamén se encargará da verbena xunto a DJ Casanova.
O domingo 21, as actividades comezarán ás 13:00 cunha misa, seguida de procesión, para concluír cunha sesión vermú con Alabama, que tamén se ocupará da sesión de tarde, a partir das 20.00 horas.
O mércores volverán as celebracións, ás 13.00 horas con misa e procesión para pasar a unha sesión vermú na que actuará Epo-k, que precederá a unha churrascada veciñal. A festa continuará cunha sesión de tarde na que tamén estarán +Charanga, Sureños e Son do Ladra.
Para todos os públicos haberá animación e xogos a cargo de Total Sports.