Son de Corda actúa este sábado na Casa Museo de Manuel María

LugoXa | TerraChaXa
Poemas de Olga Novo, Luz Pozo Garza, Marica Campo, Xela Arias, María Mariño e Olalla Cociña protagonizan este novo traballo
Na-casa-delas
12 Feb 2026

Este sábado, día 14 de febreiro, ás 19.30 horas, a Casa-Museo Manuel María acolle o espectáculo Na casa delas, unha homenaxe que o cuarteto vocal Son de Corda fai a distintas poetas lucenses ou que residiron en Lugo como Luz Pozo Garza, Olga Novo, Marica Campo, Xela Arias, María Mariño ou Olalla Cociña.

Esperanza Iglesias, soprano, Carmen Prendes, contralto, Fernando G. Jácome, tenor, e Antón Castro, baixo, son as voces de Son de Corda, que co acompañamento do pianista Raúl Rodríguez, interpretarán un repertorio de composicións baseadas en poemas das escritoras homenaxeadas, alén doutras pezas musicais.

Durante o decorrer do concerto, proxectaranse sete pezas audiovisuais feitas por Manuel Lucas e Alejandro Gándara en distintos lugares vinculados á biografía e á escrita destas poetas.

Para asistir ao espectáculo é necesario reservar (billete 5 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621.

⚙ Configurar cookies
0.080983877182007