Sorteados os mil euros en premios da campaña Merca no teu comercio de Lugo

LugoXa
Rexistrándose un total de 4.111 tickets, pertencentes a compras realizadas en Lugo capital
merca-no-teu-comercio
1 Nov 2025

Tivo lugar na sede da Federación Galega de Comercio o sorteo ante notario dos 1.000 euros en premios correspondentes á décima e última campaña de Merca no teu comercio na provincia de Lugo, iniciativa de dinamización do comercio de proximidade que se desenvolveu entre o 15 e o 30 de outubro na capital lucense.

Esta campaña está organizada pola Federación de Comercio de Lugo, a Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia. O obxectivo principal é estimular as vendas nos municipios rurais da provincia de Lugo, achegar aos clientes aos comercios e dinamizar o sector.

A participación nesta iniciativa foi moi satisfactoria, rexistrándose un total de 4.111 tíckets, pertencentes a compras realizadas en Lugo capital.

Hoxe ante o notario José Manuel López Cedrón sorteáronse 1.000 euros, repartidos en 20 tarxetas prepago de 50 euros, que serán entregadas aos gañadores nun acto a celebrar o vindeiro 10 de novembro, luns, ás 13.30 horas, na explanada do edificio Multiusos da Xunta de Galicia (Ronda da Muralla, 70). Os gañadores, que serán contactados pola organización, deberán empregalas en compras no comercio retallista da cidade.

⚙ Configurar cookies
0.073307991027832