Sortean un descenso polo río Eo en Trabada para dúas persoas

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
15 Ago 2019

Con motivo da recente inauguración de Canoas do Eo, a empresa vén de lanzar un sorteo que permitirá vivir unha aventura fascinante. Sortean un descenso en canoa, para dúas persoas, polo río Eo. Así o expón a delegación e o portal de turismo do Concello de Trabada que anima a utilizar estos recursos cos que coñecer paraxes da municipalidade, neste caso o río, en lugares como o de ría de Abres.

E é moi sinxelo participar, xa que tan só hai que indicar nun comentario (no evento do sorteo) con quen lle gustaría ao concursante desfrutar do premio e logo só hai que seguir á empresa en facebook.

No seu perfil, Canoas do Eo anima a mencionar nos comentarios á persoa que o concursante quixera que o acompañase, logo dar un 'like' a súa proposta e entre todos os participantes sortearán un pack para dúas persoas.

Casa Carballeira e Canoas do Eo organizan o sorteo dun descenso en canoa por el río Eo a través dos seus facebook. https://www.facebook.com/CasaCarballeira e https://www.facebook.com/canoasdoeo/

Poderá participar calqueira residente en España, adscrito á promoción e maior de 18 anos. Para participar, é necesario mencionar nos comentarios do sorteo con quen compartir o descenso e tamén é necesario ser seguidor dos dous perfís de Facebook. O premio é un descenso polo río Eo para dúas persoas, fóra da tempada alta e nunha data a acordar entre os establecementos e os premiados.

Poderase participar desde o día 5 de agosto ao 19 de agosto de 2019. Só haberá un gañador, que se anunciará os sete días seguintes á finalización do prazo a través dos facebooks da organización e será seleccionado de xeito aleatorio coa ferramenta Sortead2.

Se en 72 horas o premiado non se pon en contacto, entenderase que rexeita o premio e seleccionrán a outra persoas do mesmo xeito. Os gañadores deben poñerse en contacto con Casa Carballeira ou con Canoas do Eo a través de facebook, facilitando un teléfono e acordar unha data de entrega ou xestión dopremio.

0.10165596008301