Suspendida a quinta carreira nocturna Burela Bonita

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A quinta edición da carreira nocturna Burela Bonita, que se ía celebrar a finais deste mes de xullo, queda suspendida por mor da crise sanitaria orixinada polo coronavirus.
sancristovo_riotorto
9 Xul 2020

A quinta edición da carreira nocturna Burela Bonita, que se ía celebrar a finais deste mes de xullo, queda suspendida por mor da crise sanitaria orixinada polo coronavirus. Os organizadores buscan unha nova data para este ano para poder celebrar a carreira sen que supoña ningún perigo para a veciñanza.

Ramiro Fernández Rey, concelleiro de Deportes en Burela, declarou que “a situación que estamos a vivir obríganos a tomar novas medidas para asegurar a saúde dos nosos veciños e veciñas, por iso decidimos suspender e carreira Burela Bonita. Imos buscar unha nova data. A nosa maior ilusión é poder realizar a quinta edición este ano, pero ante todo está a seguridade da nosa xente. Temos que ser responsables e dar exemplo.”

O edil burelés engadiu que “de non poder celebrarse nas vindeiras semanas a V Carreira Burela Bonita quedaría posposta para o 2021”.

Burela enfróntase así un verán diferente, sen perder a esperanza e agarda poder celebrar a súa carreira Burela Bonita cando sexa posible e con todas as medidas de seguridade, tentando repetir os éxitos de participación de edicións anteriores.

0.14122200012207