Suspendida a VIII Andaina Contra a Violencia de Xénero de Palas de Rei polas previsións de chuvia

LugoXa
A nova data aínda está pendente de concretar e comunicarase cando as condicións meteorolóxicas o permitan
andaina-violencia-de-xénero-Palas-de-Rei
20 Nov 2026

A VIII Andaina Contra a Violencia de Xénero de Palas de Rei queda suspendida debido ás previsións de fortes chuvias para mañá. A organización anunciou o aprazamento da actividade por motivos meteorolóxicos, co obxectivo de garantir que poida desenvolverse en condicións adecuadas.

A andaina celebrarase nunha nova data aínda por determinar, que se comunicará cando as condicións do tempo permitan retomar a convocatoria.

Desde a organización pediron desculpas polas molestias que poida ocasionar esta decisión.

0.14993500709534