Taboada acolle a entrega dos premios da campaña “Merca no teu comercio”

LugoXa | RibeiraSacraXa
Repartíronse un total de 1.000 euros entre os gañadores polas compras realizadas entre os días 1 e 15 de maio nos municipios de Taboada, Palas de Rei, Monterroso e Antas de Ulla
premios-merca-no-teu-comercio-taboada
25 May 2026

A Praza de Riazón de Taboada foi escenario este martes da entrega dos premios da campaña “Merca no teu comercio”, unha iniciativa de apoio e promoción do comercio local que se desenvolveu entre os días 1 e 15 de maio nos municipios de Taboada, Palas de Rei, Monterroso e Antas de Ulla.

Durante a campaña participaron os consumidores que realizaron compras nos establecementos destas localidades, entre os que se sorteou un total de 1.000 euros repartidos en 20 tarxetas prepago de 50 euros cada unha.

Os premiados recibiron os seus agasallos nun acto celebrado en Taboada e deberán empregar estas tarxetas en novas compras nos comercios de proximidade adheridos á iniciativa.

A campaña “Merca no teu comercio ten premio” está impulsada pola Federación de Comercio de Lugo, a Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia, contando nesta edición coa colaboración da Asociación de Comerciantes de Taboada.

No acto de entrega participaron representantes das entidades organizadoras, entre eles José María Seijas, presidente da Federación Galega de Comercio e da Federación de Comercio de Lugo; Miguel Pavón, presidente de ACIMTA; e Iria Quiroga, membro da directiva da oficina de Taboada, ademais doutros asistentes vinculados á organización da iniciativa.

0.12070679664612