Teatro para pequenos o día 30 na Biblioteca de Xermade

TerraChaXa | LugoXa
O próximo mércores, 30 de decembro, ás 18:00 horas, dentro da Programación de Nadal da Deputación de Lugo, terá lugar a representación teatral A viaxe do Señor López, unha proposta artística do actor, dramaturgo e docente Rubén Pérez Pombo, que achegará un sorriso ao público familiar nestes tempos tan duros e grises.
buxiganga_pol
28 Dec 2020

É unha actividade teatral axeitada para nenas e nenos maiores de 5 anos.

Para garantir as medidas de distanciamento físico, precísase inscrición previa dos asistentes na biblioteca municipal.

0.071592807769775