Testemuñas da pandemia: Establecimientos Rey

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
30 Abr 2020

A empresa Establecimientos Rey de Xove tamén se viu afectada sobre todo nestes días de crise sanitaria e económica co paro total da actividade e sobre todo o da construcción, xa que “nós estabamos traballando para atender a empresas e profesionais e con reparto ao público. Tíñamos bastante demanda de produtos de limpeza, epis, vestiario laboral etc”.

Segundo a xerencia é cedo para facer unha valoración de perdas, aínda que recoñecen que son moitos os gastos que hai que atender sen apenas ingresos e polo de agora manteñen a toda a plantilla e non valoran facer ningun ERTE.

“O que máis nos afecta e que ademais é o noso día a día e non poder atender ao público nas nosas instalacións, tanto na ferretería coma no almacén ou na exposición de cerámica e baños. Esta suspensión total da actividade é imposible de soportar para as pemes”.

O que máis desexan é poder voltar á normalidade o máis axiña posible, xa que teñen pedidos inmovilizados no almacén e obras comezadas. Polo de agora non van acollerse a ningunha das axudas que se plantexan, “penso que non nos solucionan hoxe”.

Para eles agora mesmo o máis importante “é dotar de equipos de protección a todos os traballadores que están expostos durante a súa xornada laboral. Todos estivemos traballando arreo para dar suministro a empresas e profesionais e sobre todo a Alcoa e ás empresas auxiliares. É complicado nunha crise coma esta que todas as medidas que se toman sexan as axeitadas”. Tamén valoran esta situación de crise “vai a ter consecuencias moi graves, e vainos costar moito saír. Moitas empresas terán que pechar senón pecharon xa”.

Ademais agradecen a todos os traballadores o seu esforzo e “coma sempre, co traballo e a colaboración sairemos desta”, conclúe.

0.13271498680115