Testemuñas da pandemia: N2

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
24 Maio 2020

Noelia Piñeiro, monitora de tempo libre do Vicedo, é  autónoma e da clases de baile e pandeireta en asociacions e ten unha empresa que se adica a facer cumpreanos, animación e atención de nenos en diferentes comunións e todo tipo de eventos.

Ela tamén viu afectada a súa economía por mor do coronavirus pois tivo que para de traballar, pero é unha das afortunadas as que lle concederon o cese de actividade no mes de abril, “non sei o que pode durar, pero agardo que pouco máis, porque as perdas para min son moitas, tanto a curto como a largo prazo”, di Piñeiro.

“No meu sector, o de servizos, creo que afecta moito esta crise, xa que aínda que voltemos á normalidade, como din, o ocio vai ser de outro tipo e será o ultimo en voltar”.

En canto ás medidas ou axudas que o Goberno podería facer non o ve claro pero, “o que non me parece normal e seguir cobrando os impostos, como o Ive por exemplo. De que serve que o apracen se segues sen cobrar?”.

0.15518999099731