Todo listo para a IV Gala de Danza a prol da Asociación Española Contra o Cancro en Lugo

LugoXa
O evento solidario celebrarase o 28 de xaneiro no Auditorio Gustavo Freire
IV-Gala-Benéfica-de-Danza-a-Asociación-Española-contra-o-Cancro-Lugo
15 Jan 2026

Xa están dispoñibles as entradas para a IV Gala de Danza a prol da Asociación Española Contra o Cancro, unha cita solidaria que se celebrará o vindeiro 28 de xaneiro de 2026 no Auditorio Gustavo Freire de Lugo. A gala dará comezo ás 20:00 horas e volverá reunir ao público nunha iniciativa destinada a apoiar o labor que desenvolve esta entidade no ámbito da loita contra o cancro.

Desde a organización amosan a súa satisfacción por colaborar un ano máis coa Asociación Española Contra o Cancro, destacando a importancia de sumar esforzos a través da cultura e da participación cidadá para contribuír a unha causa social de grande relevancia.

As entradas teñen un prezo de 6 euros e habilitouse unha fila 0 para todas aquelas persoas que desexen colaborar mediante doazóns e non poidan asistir ao evento, facilitando así diferentes vías de apoio á causa solidaria.

⚙ Configurar cookies
0.078163146972656