Todo preparado para a Cabalgata de Reis

LugoXa
Os Reis Magos chegan a Lugo e está todo preparado, o comezo da cabalgata será ás 18.
5 Xan 2023

Os Reis Magos chegan a Lugo e está todo preparado, o comezo da cabalgata será ás 18.00 horas e sairá dende o parque da Milagrosa para continuar por Montefaro, Av da Coruña, Bolaño Rivadeneira, Quiroga Ballestero e rúa da Raiña ata chegar ao concello.

Unha vez no concello os Reis Magos recibirán a nenas e nenos tras a lectura, na balconada do concello, do habitual escrito real, a súa chegada está estimada para as 19.30 horas. Durante a duración de cabalgata haberá animación diante do concello para facer máis levadeira a espera polos Reis de Oriente. 

A Cabalgata, titulada A Gran Viaxe, realizará o seu percorrido e contará con 4 carrozas e 11 espectáculos chegados a Lugo desde distintas partes do mundo. Acompañando aos Magos, contarase con espectáculos que reflexarán a viaxe que fan desde Oriente, representando ás cousas, animais e persoas que atopan polo longo camiño, acompañados de música, danza e teatro.

Durante o desfile polas rúas de Lugo repartiranse 2.000 quilos de caramelos, e as nenas e nenos que saúden aos Magos de Oriente no Concello recollerán un dos 3.000 cornetes de lambetadas, que levarán tamén un pequeno xoguete como recordo da chegada dos Magos a Lugo que estarán acompañados na Cabalgata por Máximus, a mascota do Breogán.

O Goberno de Lugo conta coa colaboración dun gran número de empresas locais que quixeron colaborar en facer deste día unha data inesquecible para as nenas e nenos. Maite Ferreiro agradeceu a colaboración de Gadisa, Carrefour, Renault, Abanca e Caixa Rural, que colaborarán de diferentes xeitos para facer posíbel esta xornada.

A Cabalgata de Reis pasará por as seguintes rúas: Parque da Milagrosa, rúa Monte Faro, Avda. Da Coruña, porta de San Fernando, praza de Ferrol, rúa Bolaño Rivadeneira, rúa Quiroga Ballesteros, praza de Santo Domingo, rúa da Raiña, Praza Maior, rúa Bispo Aguirre, rúa Vilalba, avenida Ramón Ferreiro, rúa Salvador de Madariaga, praza Bretaña, rúa Dinán, rúa das Hermanitas, rúa San Roque, Ronda da Muralla e Avenida de A Coruña.

0.20065593719482