O luns comezan as IV Xornadas de Tecnificación do CB Breogán

A Fundación Breogán e o Club Baloncesto Breogán SAD organizan a IV Edición das Xornadas de Tecnificación do 14 ao 16 de abril, un evento deportivo pensado para nenos e nenas de entre 8 e 16 anos que desexen mellorar as súas habilidades no baloncesto.
O anexo do Pazo dos Deportes de Lugo será o escenario desta iniciativa, que terá lugar en horario de 9.00 a 16.00 horas.
Os participantes terán a oportunidade de adestrar con xogadores e técnicos do CB Breogán, ademais de recibir formación especializada da man de profesionais como Maísa López, do Ensino Lugo, e Paula Fernández-Ahuja, do Estudiantes Lugo.
Tamén asistirán a charlas formativas impartidas por expertas como Astrid Reque Veiga, educadora social, que falará sobre os valores no deporte, e Esther Castedo, do Ensino Lugo, quen abordará o tema dos soños, esforzo e baloncesto.