Todo preparado para o V Torneo Semana Santa 'Trofeo Lugo Express' da ADC Sagrado Corazón

LugoXa
O campionato celebrarase os días 14 e 15 de abril nos campos municipais José María Rodríguez Lago e disputarase en modalidade de fútbol-7
Torneo-Semana-Santa-Futbol-adc-Sagrado-Corazoón
12 Apr 2025

A ADC Sagrado Corazón organiza o V Torneo Semana Santa 'Trofeo Lugo Express' para fútbol base e coa modalidade de fútbol-7.

O campionato celebrarase os días 14 e 15 de abril nos campos municipais José María Rodríguez Lago en As Gándaras e acollerá equipos das categorías benxamín e alevín, reunindo a preto de 600 nenos e nenas.

Nesta quinta edición, o torneo segue ampliando as súa fronteiras, atraendo equipos da provincia veciña de León ademais dos habituais clubs galegos. Con 40 equipos confirmados de 31 clubs diferentes, esta pode converterse na edición máis numerosa ata o momento.

A xornada de cada día desenvolverase de 10:30 a 13:30 horas e pola tarde a partir das 15:30 horas, chegando o gran momento esperado das finais que serán ás 19:10 horas. En total serán un total de 94 partidos, 47 por día.

Entre os equipos confirmados atópanse canteiras de gran nivel do noroeste peninsular, como RC Celta de Vigo, RC Deportivo de La Coruña, Fabril FC, SD Ponferradina, CD Lugo, CD Flores del Sil, Olímpico de León, CD Choco, EF Lalín, AJ Lérez, EF Portero 2000, Arosa SC, EF Base Cangas, CD Velle, Pabellón Ourense CF, Atlético Coruña Montañeros CF, Victoria CF, Ural CF, CD Calasanz, Bertamiráns, ED Xuventude Oroso, CD As Pontes, Sada CF, Rácing Club Villalbés, AD Río Ouro, CP Calasancio, SCD Milagrosa, ACD Piringalla, Gimnástica Lucense e o propio ADC Sagrado Corazón.

O torneo conta co apoio das tres principais institucións galegas: Concello de Lugo, Deputación de Lugo e Xunta de Galicia, que contribúren á súa celebración a través de diferentes vías. Ademais, o evento está autorizado pola Real Federación Galega de Fútbol (RFGF), garantindo o seu correcto desenvolvemento.

Desde a Xunta Directiva do ADC Sagrado Corazón queren expresar o seu agradecemento a todas as entidades, empresas colaboradoras e clubs participantes que fan posible a organización deste torneo, converténdoo nun referente dentro do panorama do fútbol base galego e do noroeste peninsular.

⚙ Configurar cookies
0.033524990081787