Torés celebrará as súas festas na honra a San Xoán os días 17 e 18 de xullo

A parroquia de Torés, no municipio das Nogais, celebrará os próximos 17 e 18 de xullo as súas festas na honra a San Xoán cun programa que combinará tradición, gastronomía, actos relixiosos e música para todos os públicos.
A programación arrancará o venres 17 ás 22.00 horas cunha pancetada popular, que dará paso á primeira verbena das festas, amenizada polo dúo Venus.
Xa o sábado 18, a xornada comezará ás 13.30 horas coa misa e procesión en honra ao santo, seguidas dunha sesión vermú que estará amenizada por DJ Casanova.
As celebracións continuarán pola noite coa gran verbena, prevista para as 23.30 horas, que contará coa actuación da orquestra Panamá e novamente con DJ Casanova.
Desde a organización lembran ademais que, independentemente das condicións meteorolóxicas, o recinto estará cuberto para garantir o desenvolvemento das actividades programadas.