Torre de Núñez acolle a presentación dos viños das adegas Sanclodio e Emina

O Hotel Torre de Núñez, en Lugo, será o escenario o vindeiro luns 16 de novembro da presentación dos viños de Bodega Sanclodio e Bodega Emina, nun encontro previsto para as 18:00 horas. A convocatoria permitirá dar a coñecer os produtos, a traxectoria e a identidade de ambas as adegas.
O acto contará coa presenza de Martín Alemparte, director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), e de Carlos Moro, presidente de Bodegas Familiares Matarromera, que acompañarán a presentación. Tamén participará Envero Coloniales, distribuidor dos viños das dúas adegas en Lugo.