Trabada non logra finalmente manter a aula de Infantil

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A Consellería de Educación tomou a decisión de suprimir a aula de infantil do Colexio de Educación Infantil e Primaria Celso Currás, xa que o centro non acadou o número de alumnos mínimos para manter esa unidade.
9 Out 2019

A Consellería de Educación tomou a decisión de suprimir a aula de infantil do Colexio de Educación Infantil e Primaria Celso Currás, xa que o centro non acadou o número de alumnos mínimos para manter esa unidade.

O Concello de Trabada puxo en marcha en verán unha iniciativa para conseguir que familias con fillos en idade infantil se trasladasen ao municipio, ofrecéndolles vivenda de forma gratuita e a posibilidade de atopar un traballo en Trabada.

Foron dúas familias as seleccionadas para que o número de alumnos matriculados chegará aos seis que esixía a Consellería de Educación para manter a unidade de infantil, pero unha delas marchouse de Trabada ás poucas horas de chegar.

Dende o Concello explican que agora mesmo o colexio de Trabada ten 30 alumnos matriculados, dos que 26 son de Primaria e só 4 de infantil, insuficientes para unha clase específica.

O problema da aula infantil fixose público cando o Concello iniciou a campaña nos medios de comunicación, e comezou a recibir chamadas de familias desde diferentes puntos de España.

A primeira familia seleccionada foi unha parella de Senegal, con residencia dende hai anos na Coruña, que se mudou a Trabada cos seus tres fillos, pero abandonou ao pouco tempo e volveu a deixar a aula sen alumnos. A segunda familia, viu de Guadalaxara e instalouse en Sante.

0.16100406646729