Traballadores auxiliares de Alcoa indican que non farán horas extras

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A plataforma de traballadores de auxiliares da factoria cervense de Alcoa comunicou a intención da paralización de realización de horas extraordinarias trala conversa telefónica cos delegados de todas as empresas para abordar a problemática logo do anuncio de Alcoa de non poñer en marcha as cubas que cheguen o final da súa vida útil.
27 Abr 2020

Os delegados de todas as empresas auxiliares da factoría de San Cibrao mantiveron conversas telefónicas para abordar a problemática e debater as posibles accións a tomar en protesta contra esta decisión.

"Como primeira medida, e serán máis se a situación se agrava" din dende a plataforma," queremos propoñerlle a todos os traballadores das auxiliares a paralización de realización de horas extraordinarias".

"Sería unha falta de empatía seguir facendo horas extras para facer crecer o salario, cando hai case un cento de compañeiros que están a piques de perder o seu posto de traballo".

Ata o de agora ningunha empresa das afectadas propuxo EREs, ERTEs ou despedimentos, máis se eses anuncios chegan, as medidas irán a máis e "non vacilaremos na intención de defender todos e cada un dos nosos postos de traballo", engaden.

A situación social na que vivimos por mor da crise do Covid-19 é moi complexa, máis estes delegados non permitirán que se confinen os dereitos da clase traballadora e se eliminen os seus postos de traballo.

0.19734311103821