Traballadores de Alcoa encérranse nos concellos de Xove e Viveiro

TerraChaXa | LugoXa
Hoxe ás 10 horas estaban programadas sendas concetracións dos traballadores da factoría cervense e das empresas auxiliares nas prazas dos concellos de Xove e Viveiro.
68751134_2350569761658849_1514731508126973952_n
26 sep 2020

Hoxe ás 10 horas estaban programadas sendas concetracións dos traballadores da factoría cervense e das empresas auxiliares nas prazas dos concellos de Xove e Viveiro.

Nestas prazas comezaron un peche que se prolongará durante 24 horas para esixir a Alcoa unha solución para salvar aos 534 empregados, os case 400 auxiliares e que a planta de aluminio siga funcionando.

Pediron unha vez máis que as administracións galegas e Goberno central se involucren na negociación para que a venda sea fructífera ou de non ser así facer unha intervención estatal.

Así, permanecerán pechados nos concellos de Xove e Viveiro as respresentacións do comité de Alcoa e auxiliares ata mañá 27 de setembro ás 10 horas para cando está convocada unha andaina reivinticativa por Xove.

Por outra banda, o comité de empresa comunicou que a última reunión da mesa negociadora será en Nigrán o luns 28 no Pazo de Cea ás 12 horas. Inicialmente este encontro estaba fixado para facerse en Madrid.

Tamén trascendeu que a antiga planta de producción de aluminio de Alcoa en Portovesme, Cerdeña, volverá a funcionar gracias aun acordo entre o Goberno italiano e a compañía suiza Syder Alloys.

O estado italiano comprometeuse a poñer en marcha axudas para garantir un prezo enerxético xusto a través dun contrato bilateral a dez anos.

O acordo asinado establece que Enel outorgará a Syder Alloys un contrato de subministro de enerxía de cinco anos máis outros cinco a un prezo que o Ministerio de Economía calificou de "competitivo". Portovesme absorve 70 megavatios por hora, é dicir, 600 mil nun ano.

A prensa italiana sinalou que o novo plan industrial debería reiniciarse sentre o segundo semestre de 2021 e principios do 2022, e tamén se discute a remodelación da industria da produción primaria de aluminio co proxecto de reinicio e reemplazo progresivo das celdas electrolíticas.

[video width="1280" height="720" mp4="https://xn--amariaxa-h3a.com/wp-content/uploads/2020/09/Alcoa-praza-do-Concello-de-Xove.mp4"][/video]

[video width="640" height="352" mp4="https://xn--amariaxa-h3a.com/wp-content/uploads/2020/09/Alcoa-Concello-de-Viveiro.mp4"][/video]

301680c5 f282 4d9c b7e5 2e8eaee45637
0.18370008468628