Trasladan dez mexillóns que apareceron na zona onde se instalará a nova rampla no Miño

LugoXa
A petición da Xunta, farase unha nova revisión este venres
traslado-mexillón
29 Aug 2024

Tras a prospección realizada na zona do río Miño na que está prevista a instalación da rampla, localizaron outros dez exemplares que se trasladaron a unha das zonas reservadas para acoller a estes moluscos, e que foi acordada previamente. Tamén se fixo o propio, como medida preventiva, con outros 36 bivalvos, que aínda que non estaban na zona reservada á colocación da pasarela, descubríronse na contorna próxima, o que motivou o seu traslado final.

Os exemplares atopados nesta nova prospección pertencen ás especies Potomida littoralis e Unio delphinus. Ademais, a petición da Xunta de Galicia, haberá unha nova revisión, coa que se quere comprobar que non haxa máis exemplares, tras a cal o Concello de Lugo agarda comezar a instalación da pasarela.

 

0.16789197921753