Trémola teatro representará en Burela 'Que animaliño é?'
A Casa da Cultura de Burela acolle o espectáculo Que animaliño é? a cargo da Cía. Trémola Teatro, un espectáculo de teatro sensorial para bebés de 6 meses a 4 anos, dentro do programa , LER CONTA MOITO.
Terá lugar o vindeiro sábado 26 de setembro ás 18.30 horas e será con entrada será libre.
Neste espectáculo, Paula está moi contenta porque o seu pai contoulle un libro de animais e regaloulle un xilófono. Para darlle as grazas, vai tocarlle unha canción, pero cando empeza a practicar, dunha caixa máxica comezan a saír os animais que aparecían no libro, e grazas a eles descubrirá moitas cousas.
Que animaliño é?, é unha obra para bebés que lles fará disfrutar, coñecer e recoñecer as cousas que ven ao seu redor. A través de diferentes elementos sensoriais (bolas de la, burbullas de xabón, confeti, instrumentos, sons,…) os máis pequenos da casa gozarán desta emocionante aventura.