Tres corais interpretan no Mercado Quiroga Ballesteros a versión orixinal do Himno Galego

LugoXa
O acto conmemorou o 118 aniversario da estrea da composición no Gran Teatro da Habana e reivindicou o texto escrito por Eduardo Pondal
Corais-Mercado-Nadal-Lugo
18 Dec 2025

As corais Solo Voces, Cántigas e Frores e Lucus Terra xuntáronse esta tarde no Mercado Quiroga Ballesteros de Lugo para ofrecer unha interpretación conxunta da versión orixinal do Himno Galego nun acto que serviu para lembrar o 118 aniversario da súa estrea, que tivo lugar o 20 de decembro no Gran Teatro da Habana.

A iniciativa desenvolveuse neste espazo emblemático da cidade coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e contou cun marcado carácter simbólico e reivindicativo arredor dun dos principais símbolos de Galicia.

A actividade, promovida polas entidades Vía Galega e Galiza Cultura, tivo como obxectivo contribuír á difusión e á popularización do texto orixinal do Himno Galego, composto por Eduardo Pondal, facendo fincapé na necesidade de corrixir as modificacións e imprecisións textuais que, segundo os organizadores, foron incorporadas á Lei de Símbolos de Galicia.

A interpretación conxunta das tres formacións corais converteuse así nunha chamada á recuperación fiel da letra histórica e ao respecto pola versión creada polo seu autor.

⚙ Configurar cookies
0.081707954406738