Tres xadrecistas lucenses compiten en Croacia como únicos representantes españois nun torneo internacional

LugoXa
Adán Carballido, Pedro Fernández e Diego Vázquez participan no V Open Internacional Arsenal Hvar 2026, que reúne xogadores de distintos países na illa de Hvar ata o 25 de outubro
tres-xogadores-Escola-Luguesa-de-Xadrez-de-Lugo-en-Croacia
22 Oct 2026

A Escola Luguesa de Xadrez está presente en Croacia coa participación de tres dos seus xogadores no V Open Internacional Arsenal Hvar 2026. Adán Carballido Bouzas, Pedro Fernández López e Diego Vázquez Álvarez son os únicos representantes españois nesta competición, que se celebra na illa de Hvar entre o 19 e o 25 de outubro.

O torneo ten como escenario o emblemático Arsenal Hvar e reúne participantes de diferentes nacionalidades, entre eles Grandes Mestres e Mestres Internacionais. A competición desenvólvese ao longo de nove roldas, cun ritmo de xogo de 90 minutos por xogador máis 30 segundos adicionais por cada movemento.

A presenza dos tres integrantes da escola lucense supón unha oportunidade para medirse a xogadores de distintos niveis e procedencias, adquirir experiencia competitiva e seguir progresando neste deporte.

A Escola Luguesa de Xadrez destaca así a participación dos seus representantes nunha cita internacional que permite levar o nome de Lugo máis alá das fronteiras galegas e españolas.

 

0.15254402160645