Turismo interactivo en Palas co proxecto The Escape Way

LugoXa
Palas foi seleccionado como un dos seis municipios de todo o Camiño Francés, que entra a formar parte do proxecto piloto The Escape Way.
palas do rei the scape way
14 May 2021

Palas de Rei foi seleccionado como un dos seis municipios de todo o Camiño Francés, que entra a formar parte do proxecto piloto The Escape Way, unha nova proposta de turismo interactivo relacionada co Camiño de Santiago, financiado polo Ministerio de Cultura e Deporte e impulsado dende a Asociación de Municipios do Camiño de Santiago a que este concello pertence.

The Escape Way é unha experiencia turística dinámica que implica aos visitantes no seu recorrido polo municipio a través dun xogo (conocidos como xogos de escapismo). Este tipo de xogos, proveñen dos coñecidos como Escape Room pero, neste caso, os usuarios non están encerrados en ningunha sala, senón que a acción é trasladada as rúas e lugares destacados do municipio. Os usuarios, deberán de recoñecer o municipio resolvendo probas, pistas e adiviñas e, aprendendo a súa vez, diferentes destinos e paraxes, así como do propio Camiño. Trátase dunha iniciativa novedosa, que dende hoxe venres, caminantes, visitantes, turistas e veciños/as do municipio e dos da súa contorna, que así o desexen, podrán desfrutar en Palas de Rei dunha forma lúdica e interactiva de acercar o Camiño Francés a Santiago.

The Escape Way xógase a través dunha aplicación do móbil dispoñible en Ios e Android, pero para a que é indispensable ubicarse físicamente no municipio para poder xogar. “Na Oficina de Turismo do Concello de Palas de Rei obtense a credencial de escapista para logo descargar, no móbil, a app cos códigos QR que nela aparecen así como se introduce o código da localidade para comenzar a participar nas probas, unha vez, completadas as mesmas, na Oficina de Turismo sellaran cada proba resolta” manifestaba o alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, no acto de presentación deste proxecto piloto en Galicia. Donde tamén adiantaba que os alumnos/as dos centros educativos palenses, que así o desexen, serán uns dos primeiros en coñecer esta experiencia en Palas de Rei.

Dende o día de hoxe The Escape way está dispoñible en Palas de Rei (única localidade galega ata o momento) pero durante este mes de maio tamén se activarán en localidades de fora de Galicia como: Los Arcos (Navarra), Arrés-Bailo (Aragón), Santo Domingo de la Calzada (La Rioja), Belorado (Burgos) e Astorga (León).

Elementos patrimoniais e urbanos servirán como premisas da maioría de pistas/adiviñas do xogo pero dende a Asociación de Municipios do Camiño de Santiago colocan tamén elementos físicos expresamente diseñados e pensados para estas probas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19262886047363