Últimos días para anotarse ao xantar dirixido á terceira idade de Pol

Pol
LugoXa | TerraChaXa
O Concello celebrará o sábado 25 a súa cita anual, que nesta ocasión chega á XXX edición
concello-de-pol
19 Apr 2026

O Concello de Pol celebrará este sábado 25 a súa comida anual da Terceira Idade, que nesta ocasión chega á XXX edición.

Os actos darán comezo ás 13.30 horas cunha misa xusto antes do xantar. Ámbalas dúas actividades terá lugar no pavillón polideportivo municipal de Mosteiro.

Os interesados en sumarse a esta celebración deberán confirmar asistencia antes do día 21 nas oficinas municipais ou a través dos números de teléfono 982 345 029 e 982 345 038.

0.11685013771057