Últimos días para inscribirse no Trail Terras de Burón
O Club de Montaña Terras de Burón e o Concello da Fonsagrada organizan o Trail Terras de Burón que se celebrará o vindeiro 28 de xaneiro e que mantén aberto o prazo de inscrición ata este domingo 15 de xaneiro.
O evento deportivo contará cunha andaina de 13 km con 650 metros de desnivel positivo e 2 distancias de carreira de montaña. O Trail dás Seimeiras será o recorrido longo cun total de 27 km e 1450 metros de desnivel positivo e o Trailiño será o curto cun total de 17 km e 800 metros de desnivel positivo.
O lugar de saída será para todas as distancias será a praza do concello e o horario de saída variará en función da distancia. Ás 9.30 sairán os participantes do trail de recorrido longo, ás 10.00 o de recorrido curto e ás 10.05 a andaina.
As inscricións realizaranse a través da seguinte páxina web ata o domingo 15 de xaneiro ás 23.59. A organización establece un límite de 200 prazas entre os participantes dos trails e non establece límite de prazas para a andaina.