Un alumno de Foz gañou a Olímpiada Xeográfica de Galicia

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
17 Feb 2020

Un alumno do IES de Foz, o focense Alonso de Jorge Otero, gañou a Olimpíada Xeográfica de Galicia, celebrada hoxe, venres, en Santiago de Compostela, concretamente na Facultade de Xeografía e Historia.

Na olimpíada participaron outros 4 alumnos do IES de Foz e os 5 estudantes do centro focense competiron con alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato de toda Galicia. Tiveron que realizar 50 probas tipo test relacionadas co temario dese curso, con gráficos, fotografías e cartografía.

Alonso de Jorge Otero recibiu como premio unha tablet e terá a oportunidade de participar na  fase estatal da XI Olimpiada de Geografía de España, que organiza o Colegio de Geógrafos de España e a Asociación Española de Geografía. Terá lugar os días 24 e 25 de abril de 2020 en Madrid.

0.21374201774597