Un grupo de Portugal e outro de Ortegal acoden á Mostra Folclórica do Valadouro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O 31 de agosto, O Valadouro celebra a súa Mostra Folclórica, ás 19 horas, na Praza de Santa María, coa participación de formacións de coros e danzas.
manifiesto aspontes2
20 Aug 2019

O 31 de agosto, O Valadouro celebra a súa Mostra Folclórica, ás 19 horas, na Praza de Santa María, coa participación de formacións de coros e danzas.

Concretamente, á tradicional mostra que organiza a asociación cultural valadourense Amado Lar, acudirán non só os devanditos anfitrións, senón tamén o grupo folclórico do Vale do Homem de Portugal e a colectivo cultural Troula de Ortegal, de San Adrián de Veiga.

O Concello do Valadouro colabora con esta cita coa que finalizan as actividades de agosto do Valadouro antes de que comecen as súas patronais o 8 de setembro.

O grupo folclórico Amado Lar amenizou cos seus bailes e música, a principios de agosto, a Rapa das Bestas de Santo Tomé do Valadouro.

0.16901206970215