Un novo graffiti no Campus de Lugo infunde amor e respecto polos animais

Un graffiti de Diego As infunde amor e respecto polos animais desde o Campus de Lugo, onde xa se pode observar a nova ilustración deseñada polo artista lugués e actual campión de España de graffiti.
O novo graffiti no que Diego As recrea a cabeza dun can forma parte do proxecto ‘Deixando pegada’, unha iniciativa artística promovida pola empresa Gosbi Pet Food no marco da campaña ‘Animal respect’, que está a desenvolver a nivel nacional e coa que busca concienciar á poboación e nomeadamente á mocidade sobre a necesidade de coidar e respectar os animais.