Un obradoiro online de fotografía amplía a oferta de actividades da Rede Museística
A Rede Museística Provincial organiza un curso en liña de fotografía, impartido polo artista Ignacio Castro “Nachok”. O obradoiro abordará a fotografía como expresión creativa, afondando na execución e interpretación da imaxe, e tamén na composición da mesma e nas claves da linguaxe fotográfica, con apuntamentos sobre a regra dos tercios, os distintos tipos de encadre ou o movemento.
O curso, que se desenvolverá baixo o epígrafe Derivas, constará de oito sesións de 45 minutos, os mércores e os venres ás 19:30 horas a partir da vindeira semana.
As persoas interesadas deberán facer a inscrición a través da solicitude que atoparán na web da Rede Museística Provincial. A participaciòn limítase a 15 persoas para asegurar a interactividade e o aproveitamento do obradoiro, que se impartirá a través da plataforma Zoom.