Un vídeo anuncia as reivindicacións dos traballadores de Alcoa convocados mañá en Lugo a unha gran manifestación
O comité de empresa de Alcoa continúa coas súas medidas de presión polo fracaso da venda de Aluminio a la empresa Liberty House e a continuidade do proceso de peche e despedimento masivo cunha gran manifestación en Lugo para mañá, sábado 24 de outubro.
Esta mobilización será de 11 a 12 horas con saída desde o edificio da Xunta de Galicia situado na Ronda da Muralla ata a Subdelegación de Goberno en Lugo na praza Armañá.
Neste último punto entregarase a solicitude de intervención pública temporal ao Goberno central.
Lembran dende a organización que se manterán as medidas de seguridade en todo momento así como a obrigatoriedade de levar máscara sanitaria.
Os traballadores e membros do comité veñen de publicar nas redes sociais un vídeo, no que reflicten a problemática que tería o peche na comarca.
[video width="1280" height="720" mp4="https://xn--amariaxa-h3a.com/wp-content/uploads/2020/10/Sen-industria-non-hai-futuro.mp4"][/video]