Un vídeo musical celebra o talento lucense con artistas da provincia

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A banda De Ninghures marca o ritmo desta creación musical e audiovisual que se gravou no Museo Provincial de Lugo
YOUTUBE-VIDEO-NINGURES
27 Dec 2025

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo reuniu unha ampla representación do talento lucense emerxente nun vídeo musical que está a difundir nas redes sociais.

A banda De Ninghures marca o ritmo desta creación musical e audiovisual que se gravou no Museo Provincial de Lugo e na que colaboran ünder & Diego Flâneur, Galician Army, Pank´on Keixo (Brais e Xes Pintor), Germán Díaz, Branca Villares, as pandeireteiras Iria López e Valeria Esteban e a creadora de contido Konachadas.

A deputada de Cultura Iria Castro explicou que “a proposta naceu do interese e da vontade de celebrar a música en galego que se está a facer neste momento, cunha achega destacadísima de talento lucense, representado nas bandas e artistas que aparecen no vídeo”.

A responsable provincial destacou que “o vídeo é tamén unha ferramenta de promoción do Museo Provincial de Lugo xa que permite achegar este espazo cultural ao público destas bandas e artistas”.

A produción deste vídeo engádese á ampla aposta da Vicepresidencia da Deputación de Lugo pola música en galego a través de programacións propias e de colaboracións con diferentes colectivos, que suman máis de 650 actuacións musicais programadas ao longo do ano en distintos puntos da provincia.

MIRA O VÍDEO NESTA LIGAZÓN

⚙ Configurar cookies
0.080069065093994