Un xullo cheo de actividades en Navia de Suarna
Navia de Suarna celebra o vindeiro venres 2 de xullo un obradoiro de conservación de alimentos. O horario do evento será de 16 a 20 horas e é unha actividade dirixida a adultos.
Neste obradoiro aprenderanse as nocións básicas para a conservación de alimentos dunha forma cómoda, eficiente e saudable.
O lugar onde se levará a cabo será na escola de Barcia e o aforo está limitado a oito persoas polo que é preciso inscribirse no 982 365 166 para poder participar.
Así mesmo, nos días 5,6,7,8 e 9 de xullo, Navia acollerá un campamento infantil sobre actividades da natureza e reciclaxe. Neste caso, a actividade está dirixida a nenos e nenas e o horario será de 10 a 14 horas. O espazo no que se celebrará será tamén na escola Barcia.
Ademais, o aforo é limitado, polo que só se ofertan 20 prazas. Para levar a cabo a inscrición ou para calquera tipo de dúbida pódese consultar no teléfono 647 671 259.