Unha ampla representación apoia aos traballadores de Alcoa na manifestación de Lugo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Unha numerosa representación de todos os patidos políticos participaron na nova concentración, esta vez na capital lucense, para reclamar do Goberno central a adopción das medidas precisas para garantir o futuro de Alcoa-San Cibrao, unha industria que dá traballo a unhas 2.
Captura de pantalla 2020 04 03 a las 12.11.25
14 Dec 2019

Unha numerosa representación de todos os patidos políticos participaron na nova concentración, esta vez na capital lucense, para reclamar do Goberno central a adopción das medidas precisas para garantir o futuro de Alcoa-San Cibrao, unha industria que dá traballo a unhas 2.000 persoas e que representa o 30% do PIB da provincia. "Pasan os días e o Goberno non adopta as resolucións precisas para que Alcoa poida competir en igualdade de condicións, en canto o custo da enerxía eléctrica, coas empresas europeas do sector", esa é a gran demanda do comité de empresa.

O presidente do comité de empresa de Alcoa, José Antonio Zan, dixo que o 15 de xaneiro abrirase unha mesa de negociación co Ministerio de Industria.

A portavoz nacionalista, Ana Pontón, encabezou a representación do BNG na manifestación convocada polos traballadores e traballadoras de Alcoa en Lugo para reclamar unha solución que garanta a produción o os postos de traballo, tanto na factoría de San Cibrao e da Coruña, como no resto de empresas grandes consumidoras de electricidade.

“Estamos aquí para trasladar todo o apoio do BNG e para denunciar que estamos nun momento crítico con miles de postos de traballo en xogo no sector do aluminio que baixo ningún concepto podemos deixar caer, porque sería o colmo do esperpento que sendo Galiza unha potencia eléctrica en lugar de servir para crear riqueza e emprego sirva para seguir engordando os beneficios das eléctricas”, denunciou.

Pontón tamén resaltou a urxencia de poñer en marcha a mesa de Alcoa comprometida pola ministra de Transición Enerxética, Teresa Ribera, na súa visita á factoría de San Cibrao, “que se poña a traballar”, reclamou, porque a non pode agardar máis para ter unha solución. “Toca que os gobernos da Xunta e do Estado estean á altura das circunstancias para que non se perda nin un só posto de traballo”, concluíu. O estatuto das electrointensivas é unha das cuestións clave que forma parte da axenda galega do BNG ante o Goberno do Estado.

O voceiro de En Marea participou na concentración  e reclamou que se cumpran as súas peticións e que o goberno cambie o xeito en que se calcula o prezo da enerxía eléctrica de maneira que se abarate para a industria electrointensiva e, ao tempo, para as familias.

Luís Villares sinalou na concentración da plantilla de Alcoa diante da Subdelegación do Goberno en Lugo que o que reclama En Marea son tres feitos. O primeiro deles é que “se garanta a contunidade dos postos de traballo na factoría” como corresponde á importancia desta industria para A Mariña, para Lugo e para Galicia.

Os populares tamén asistiron e aseguraron que "o verdadeiro problema de Alcoa é que non pode competir en igualdade de condicións co resto da industria europea por culpa do elevado prezo da electricidade. Esgótase o tempo, para a empresa e para as familias, e cada vez hai más risco de que, aínda que se arbitren medidas reguladoras, cheguen tarde. O Goberno ten que reaccionar".

0.25466513633728