Unha app controlará o aforo das praias mais concorridas
O Goberno autonómico ponse a disposición dos concellos galegos para axudar no manexo da capacidade dos areais que establece o Ministerio de Sanidade como consecuencia da crise derivada do Covid-19.
Así, reunirase hoxe día 20 de maio coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para ofrecer a súa colaboración aos concellos na xestión do aforo das praias este verán.
Con esta finalidade, desenvolveronse tarefas previas, traballando coa máxima anticipación e planificación posible, e analizou a través do Instituto de Estudos do Territorio a superficie de cada praia, contribuíndo desta maneira a determinar a súa capacidade.
A implementación destas medidas por parte dos concellos será de carácter voluntario e flexible, respectando a autonomía municipal no ámbito das súas competencias, posto que a xestión das praias corresponde aos propios concellos. A reunión prevista permitirá analizar as necesidades específicas, de xeito que aqueles concellos que o precisen poidan empregar este sistema ou optar por outros sistemas alternativos.
“En Galicia temos un total de 960 praias e os estudos indican que poderíamos ir con total seguridade máis de 936.000 persoas ao día”, explicou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio Vivenda, Ángeles Vázquez. Nesta liña, o titular de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, subliñou que o obxectivo “é converter as nosas praias en destinos seguros, dando confianza tanto aos veciños como aos posibles visitantes que queiran gozar delas”.
O visor do Catálogo de Praias de Galicia permite obter datos sobre a superficie exacta de cada areal e outra información valiosa para poder determinar a súa capacidade de carga en función dos criterios fixados por parte do Goberno do Estado. A este respecto cómpre precisar que a Comunidade conta con máis de 18,75 millóns de metros cadrados de superficie, concentrando a provincia da Coruña 454 praias, 414 Pontevedra e 92 Lugo.
Alcaldes
A acollida da proposta da Xunta non foi boa entre os alcaldes de concellos mariñaos, así, coinciden en que a app é un elemento que non está pensado para as praias da zona da Mariña, onde a marea sobe e baixa bruscamente e os aforos son diferentes dependedo das mareas.
Na ampla maioría o acceso as praias son moitos polo tanto necesitaríase ter a máis de cincuenta persoas só para controlar os accesos e á xente que está na praia, según eles é "incontrolable". Tamén habería que contar coa picaresca da xente e que accedan a praia fóra dos horarios dos socorristas producíndose así aglomeracións ou posibles accidentes.
O BOE deixa aos concellos a responsabilidade de vixiar o aforo das praias pero os alcaldes din que "non temos capacidade para facer iso. Iso ten que pasar por concienciación social".
Ademais, entenden que hai xente que non ten facilidade para usar unha ferramenta así e os veraneantes non estarían en igualdade de condicións.