Unha cacelorada mostra a negativa ao peche do colexio de Baamonde

TerraChaXa | LugoXa
Un centenar de nenos, pais, veciños e visitantes colleron potas, tambores e cazos para lembrar a súa negativa ao proxecto do alcalde que pretende unificar os colexios de Begonte e Baamonde no primeiro e facer no segundo un conservatorio de música.
cartaz_mostra18 copia
4 Xan 2021

Un centenar de nenos, pais, veciños e visitantes colleron potas, tambores e cazos para lembrar a súa negativa ao proxecto do alcalde que pretende unificar os colexios de Begonte e Baamonde no primeiro e facer no segundo un conservatorio de música.

Os manifestantes, entre os que se atopaba a Federación de Anpas de Lugo, a Federación de Asociacións de Veciños de Lugo Lucus Augusti, o sindicato STEG e partidos políticos, entre outros, elevaron a voz coa proclama “Do cole de Baamonde, non nos moverán! Non ao peche do colexio de Baamonde!”.

Novamente, fixeron un percorrido pola zona e se concentraron ante o colexio para ler as súas reivindicacións e asegurar que "non estamos en contra do conservatorio e auditorio; non á conta do peche do colexio."

Este tipo de concentracións, que organizan dende a anpa do colexio e a asociación de veciños, están condicionadas pola falta de resposta do conselleiro de Educación ás preguntas remitidas por eles a pasada semana, tras varias contradicións nas respostas desde diferentes organismos.

Captura de pantalla 2018 10 31 a las 9.48.07
0.09975790977478