Unha charla analizará en Lugo o acceso á sanidade e o novo proceso de regularización

LugoXa
O auditorio da Deputación reunirá o 14 de abril unha charla sobre sanidade, regularización e normativa migratoria
fachada-Deputación-de-Lugo-portada
13 Apr 2026

O Auditorio da Deputación Provincial de Lugo acollerá o martes 14 de abril, ás 18.00 horas, unha sesión informativa baixo o título “O acceso á saúde en Galicia, a Lei de Estranxeiría e o novo proceso de regularización extraordinario”, centrada en cuestións de actualidade relacionadas coa sanidade e a situación administrativa das persoas migrantes.

A actividade contará coa participación de Belén Torrón e Pedra Torres, que abordarán o acceso ao sistema sanitario en Galicia, a normativa vixente en materia de estranxeiría e as claves do novo proceso de regularización extraordinario.

A sesión está organizada pola Concellería de Movementos Migratorios de Lugo en colaboración coa Asociación Rioplatenses de Lugo e Médicos do Mundo, nunha iniciativa que busca ofrecer información útil e favorecer o coñecemento dos dereitos e procedementos administrativos.

0.89380311965942