Unha conferencia en Lugo explorará a vida e a obra de Rosalía de Castro a través das estrelas

LugoXa
Federico Leo impartirá o sábado 17 de outubro a charla 'Rosalía e as estrelas' no espazo cultural Arte e Parte, acompañada pola voz da soprano Alma Selene
FEDERICO-LEO
13 Oct 2026

A vida e a obra de Rosalía de Castro centrarán unha conferencia que se celebrará o sábado 17 de outubro, ás 18.00 horas, no espazo cultural Arte e Parte -Luz Darriba-, situado na avenida da Coruña, número 67, entrechán, en Lugo.

Baixo o título 'Rosalía e as estrelas', o astrólogo, morfopsicólogo e grafólogo Federico Leo propoñerá un percorrido pola traxectoria da escritora galega a partir da súa carta natal, tomando como referencia a posición dos astros no momento do seu nacemento.

Leo está especializado no estudo da relación entre o rostro e a astroloxía, así como na análise de obras artísticas de distintas disciplinas, entre elas a pintura, o debuxo, a fotografía e o retrato literario.

A actividade contará tamén coa participación da soprano Alma Selene, que porá voz a dous poemas emblemáticos de Rosalía de Castro: 'Camiño branco' e 'Negra sombra'.

As persoas interesadas en asistir deberán reservar a súa entrada chamando ao teléfono 622 665 703.

0.1441388130188