Unha escape room de Harry Potter estará mañá na casa da cultura de San Cibrao
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Este venres volven as actividades enmarcadas no programa Ler Conta Moito ao Concello de Cervo.
13 Aug 2020
Este venres volven as actividades enmarcadas no programa Ler Conta Moito ao Concello de Cervo.
Neste caso os participantes terán que axudar a Harry Potter a escapar da habitación onde quedou atrapado mentres participaba no Torneo dos tres meigos.
Será na casa da Cultura de San Cibrao ás 12.00 horas, e é unha actividade dirixida para maiores de 12 anos.
Para anotarse é necesario chamar ao teléfono 691 656 600 ou pasar pola casa da cultura.
Durante a celebración de esta actividade seguiranse todas as medidas de seguridade e manterase a distancia social necesaria para a súa realización.