Unha función de títeres ensinará aos nenos a respectarse

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
4 Oct 2019

A Biblioteca Pública Municipal e a Delegación de Cultura do Concello de Burela, presenta a compañía de teatro de Marionetas Trécola coa obra Xogo Revolto. A representación terá lugar no auditorio da Casa da Cultura o sábado, 5 de outubro, ás 18:00 horas, a entrada será libre e recomendada para público familiar.

A compañía anima a acudir a ver a función argumentando que xogar é superdivertido e que xogando imaxinamos e rímos, aínda que o xogo pode nun intre convertirse nun pesadelo. Poden abrolar as malas palabras, insultos ou afrentas, esas cousas que nos fan sentir tan pequeniños, sosteñen. Avanzan que sen querelo, unha das protagonistas da función fará tan pequeniños aos seus amigos que chegarán a desaparecer, polo que animarán aos pequenos a reflexionar que pasará despois con ela e preguntaránlles aos asistentes se cre que se sentirá pequena ou grande.

Este acto forma parte do Programa Ler conta moito, de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas de Galicia, promovido pola Dirección Xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo, a través da Rede de Biblotecas de Galicia, en colaboración coas entidades locais.

0.16040992736816