Unha manifestación de Alcoa tomará as rúas de Lugo

LugoXa | AMariñaXa
O comité de empresa de Alcoa organiza unha gran andaina por Lugo para o domingo 27 de xuño en protesta polo proceso
Alcoa Lugo 24 octubre (2)
Alcoa Lugo 24 octubre (2)
22 Xuño 2021

O comité de empresa de Alcoa organiza unha gran andaina por Lugo para o domingo 27 de xuño en protesta polo proceso que se está a vivir trala noticia de que a Sepi e a súa non intervención.

Esta mobilización sairá ás 12.00 horas dende o edificio da Xunta de Galicia situado na Ronda da Muralla ata a Subdelegación de Goberno en Lugo na praza Armañá, onde rematará ás 13.00 horas.

Lembran dende a organización que se manterán as medidas de seguridade en todo momento así como a obrigatoriedade de levar máscara sanitaria.

gran andaina alcoa
0.16195201873779