Unha nova actividade cultural baixo o nome de ‘1/2 hora de poesía’ comezará este sábado en Lugo

O escritor lucense Manuel Vázquez promove unha nova actividade cultural en Lugo que comezará este sábado, 14 de decembro, na Despensa do Saa ás 20.00 horas.
Esta será unha xeira de recitais poéticos baixo o nome de ‘1/2 hora de poesía’, eventos de curta duración e de periodicidade mensual, que se levarán a cabo na taberna cultural da rúa Salvador de Madariaga.
No primeiro deles, o convidado é o poeta Xavier Rodríguez Barrio, avalado por unha traxectoria de 50 anos de poesía en galego, que será presentado polo escritor Xulio Pardo de Neyra.