O Vello Cárcere contará cunha semana de actividades dedicadas ao Entroido

LugoXa
O Vello Cárcere dedica esta semana da súa programación continuada para nenos a actividades relacionadas co Entroido
Entroido O vello Carcere portada
13 Feb 2023

O Vello Cárcere acolle actividades de Entroido para os máis pequenos da familia durante esta semana.

O vindeiro 15 de febreiro contará cun espazo didáctico e de biblioteca para nenos de 3 a 12 anos dividido en dúas quendas. A primeira destinada a pequenos de 3 a 12 dende as 17.30 onde realizarán a actividade Entroido a toda cor.

A partir das 19.00 será a queda para nenos de entre 7 e 12 anos coa actividade Pequeviñetistas de Entroido. O 16 de febreiro a actividade será Minirrelatos de Entroido e estará destinada a nenos de entre 7 e 12 anos a partir das 18.00.

O espazo de lecer, enfocado a nenos de 3 a 8 anos, contará con actividades o 18, 19 e 21 de febreiro. Contacosntos miúdos: Non pare a festa + Ditos Galegos será a actividade programada para o 18 e contará con dúas quendas de mañá.

O 19 e 21, nunha soa quedan de mañá, estará a actividade Cousiñas xeitosas: Entroido.

Para todas as actividades é necesario a reserva de praza a través do correo electrónico vellocarcere@lugo.gal e para máis información pódese consultar o teléfono 982 297 195

Entroido O vello Carcere
0.1242790222168