Unha trintena de colectivos participou nas xornadas sobre migracións en San Paio de Narla

LugoXa | TerraChaXa
A dinámica formulouse co obxectivo de identificar barreiras e mecanismos de exclusión, subordinación e silenciamento
xornadas-migraciones-san-paio-de-narla
25 Mar 2026

A deputada de Cultura, Iria Castro, inaugurou onte á tarde un encontro sobre migracións e dereitos culturais, organizado pola Comisión Técnica de Xestión e Políticas Culturais do Consello da Cultura Galega no Museo Fortaleza de San Paio de Narla.

Trátase dunha xornada de traballo cooperativo que reuniu a representantes dunha trintena de colectivos para compartir experiencias e avaliar o grao de participación real na cultura das comunidades migrantes que forman parte da sociedade.

A dinámica formulouse co obxectivo de identificar barreiras e mecanismos de exclusión, subordinación e silenciamento que afectan as comunidades migrantes e avanzar no traballo que o CCG desenvolve sobre os dereitos culturais como marco normativo e conceptual para o deseño dunhas políticas culturais públicas responsables, coa colaboración continuada da Rede Museística Provincial de Lugo.

0.11951088905334