Unha xornada de fútbol a pé celebrarase en Lugo para dar a coñecer esta modalidade deportiva inclusiva

LugoXa
A actividade terá lugar o sábado 7 de novembro, de 10:00 a 14:00 horas, no campo da Polvoreira e está organizada pola AD Legado San Roque FAP, primeiro club desta modalidade na cidade
Presentacion-Futbol-a-pé-Lugo-26
4 Nov 2026

Lugo acollerá o sábado 7 de novembro a primeira xornada de fútbol a pé (walking football), unha modalidade deportiva adaptada que busca facilitar a práctica do fútbol a persoas que, pola idade ou por limitacións físicas, non poden asumir as esixencias do xogo tradicional.

A actividade desenvolverase de 10:00 a 14:00 horas no campo da Polvoreira, no barrio do Polvorín, organizada pola AD Legado San Roque FAP, primeiro club desta modalidade na cidade. Na presentación participaron o concelleiro de Deportes, Damián Carballo; o xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero; o delegado da Real Federación Galega de Fútbol en Lugo, Manuel Castro 'Vilachá'; o presidente da entidade organizadora, José Ángel Castro, e o adestrador e psicólogo Iván Pico.

O fútbol a pé permite practicar este deporte de maneira máis segura e accesible, combinando a actividade física co compañeirismo e as relacións sociais. Entre os seus beneficios destacan a mellora da condición física e do equilibrio, a prevención do illamento e o reforzo do benestar emocional.

Desde o Concello destacan a importancia de incorporar novas propostas deportivas que faciliten a participación de persoas de diferentes idades e condicións físicas e amplíen as oportunidades para manterse activas.

0.1673150062561